A biblioteca Rosalía de Castro de Vilagarcía e as axencia de lectura ofrecen diversos servizos por internet
A Biblioteca Pública Rosalía de Castro e as Axencias de Lectura de Carril, Bamio e Vilaxoán ofrecen aos seus usuarios a posibilidade de realizar consultas e outros trámites a través de internet, sen saír da casa ou mesmo a través do teléfono móbil. A través da plataforma do proxecto autonómico Meiga, o usuario pode saber si a Biblioteca de Vilagarcía ou as súas axencias teñen nos seus fondos o libro que desexa, se está dispoñible ou se se atopa emprestado e, neste último caso, incluso coñecer a data de devolución co obxecto de ir a requirilo.
Este servizo trata de aportar comodidade aos usuarios das bibliotecas e operatividade ás mesmas, xa que as buscas de libros o as peticións de préstamo son máis rápidas e eficaces dispoñendo de información previa que nos permite ir a tiro fixo e evitarnos visitas infructuosas, especialmente se se requiren desprazamentos largos.
A Biblioteca Rosalía de Castro e as Axencias de Lectura teñen entradas individuais na plataforma meiga, polo que a consulta dos seus fondos tamén é individualizada, o que permite saber exactamente en que centro se atopa o libro que desexamos.
A busca nos fondos pódese facer por diversos campos, aínda que os máis habituais son por título, autor ou materia. O resultado da busca especifica, un por un, o número de exemplares que existe de esa obra en concreto e ofrece toda a información de cada un deles. Ademais de datos bibliográficos ou a sinatura, tamén nos di si o libro se atopa dispoñible ou si está emprestado e, neste caso, a data de recollida e devolución.
En caso de que a Biblioteca de Rey Daviña ou as Axencias de Lectura non teñan entre os seus fondos a obra que precisamos, o centro de Rey Daviña ofrece aos usuarios que o soliciten, o servizo de préstamo inter bibliotecario. Como na Plataforma Meiga están presentes numerosas bibliotecas públicas e privadas de toda Galicia (de concellos, centros educativos, universidades, museos, arquivos, fundacións…), o usuario pode consultar os seus fondos dende a casa e saber que centro conta co libro que lle fai falla. Localizado, pode dirixirse á Biblioteca de Vilagarcía para solicitar que lle xestionen o préstamo. Este servizo é especialmente útil para estudantes universitarios, profesionais ou calquera que necesite obras moi especializadas en determinadas materias.
O centro Rosalía de Castro publicita estes servizos a través da rede mediante o reparto de marca páxinas nos que se inclúe información útil como o enderezo da sede física, teléfono e horarios ou a dirección da páxina web (www.opacmeiga.rbgalicia.org). Abrindo a páxina da Biblioteca Rosalía de castro a través da Plataforma Meiga, o usuario accede tamén a información útil do centro e a apartados nos que se comentan as últimas incorporacións ao fondo telemático, o libro máis emprestado do centro, unha escolma de novas sobre Vilagarcía e a súa contorna, as novas nos quioscos e mesmo hai un apartado para que os lectores opinen.











