A biblioteca municipal de Tui acolle unha exhibición de animais exóticos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioTui
A-
A+
Exhibición de animais na biblioteca

Exhibición de animais na biblioteca

Hoxe comezou a exhibición de animais exóticos que a Biblioteca Municipal de Tui acollerá ata este sábado 4 de xaneiro dirixida aos máis cativos.

Un total de 15 rapaces puideron disfrutar hoxe, na primeira quenda desta mostra, que promove o coñecemento e compañía de animais exóticos coma tartarugas, camaleóns, lagartos ou tarántulas , protagonistas de tantos  contos e novelas.

Albergada na sala infantil da Biblioteca Municipal e baixo o coidado de profesionais, os máis cativos interactúan con estes animais de forma sinxela, directa e segura á par que aprenden características dos mesmos coma orixe, alimentación ou hábitat.

Cun máximo de 15 rapaces por grupo, a exhibición seguirá a desenvolverse en horario de mañá, o venres ás11:30h e 12:30h. e o sábado ás 11, 00 e 12,00 horas. A inscrición é gratuíta e necesaria, formalizándose na Biblioteca Municipal.

2 de xaneiro de 2014 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.