A Biblioteca Municipal de Ferrol acollerá unha sesión de contacontos con Soledad Felloza
A Biblioteca Municipal celebrará mañá, día 22 de xaneiro, unha sesión de contacontos coa presenza da narradora Soledad Felloza. Esta actividade, promovida pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, dará comezo ás 18:00 horas na sala infantil e xuvenil da Biblioteca Municipal Central, situada na praza de España.











