A biblioteca de Ordes acolle unha nova sesión das súas Tardes de contos e lendas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOrdes
A-
A+

O vindeiro venres 31 de xaneiro a partir das 18.30 horas a biblioteca municipal de Ordes acollerá unha nova entrega das súas ‘Tardes de contos e lendas’. Nesta ocasión o grupo Duende Sico ofrecerá os relatos ‘A aventura dunha gota de auga’ e ‘A árbore escola’. Mediante esta iniciativa lúdica e didáctica, dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos, preténdese incentivar o hábito da lectura á par que se promove o uso dos bens e servizos do centro entre todos eles. Para iso ofrécense relatos e narracións nas que en moitas ocasións os asistentes teñen a oportunidade de participar adoptando unha actitude activa ao longo da sesión. Ademais pais, nais, avós e adultos en xeral tamén poden formar parte do grupo acudindo como acompañantes.

28 de xaneiro de 2014 | 12:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.