A Banda Municipal de Música da Coruña renova o ciclo Inverno-Primavera con entrada libre
A Concellaría de Cultura informa de que o 19 de xaneiro, ás 12.15 horas, e con entrada libre, a Banda Municipal de Música da Coruña renova o ciclo Inverno-Primavera no Palacio da Ópera.
Alberto Busto interpretará como solista, por primeira vez en Galicia, o concerto para trompeta e banda do compositor americano Alfred Reed. Na segunda parte, a Banda Municipal de Música fará unha nova lectura de ‘Cadros dunha exposición’, do compositor ruso Mussorgsky, coa famosa instrumentación de Ravel.











