A Aula de Ecoloxía Urbana ferrolá oferta diferentes obradoiros para adultos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Aula de Ecoloxía Urbana (AEU) do Concello de Ferrol, informa que se organizarán unha serie de obradoiros dirixidos a adultos. Estas actividades terán lugar a primeira fin de semana de cada mes -sábado e domingo- en horario de tarde.

Uns días antes da súa realización proporcionarase información sobre a temática de cada actividade e abrirase o prazo de inscrición. Esta información publicarase na páxina web: www.facebook.es/aeuferrol e o número de prazas será limitado polo que para asistir a estes obradoiros precisarase inscrición previa. Para apuntarse nas actividades ou para obter máis información poderase visitar a páxina web citada anteriormente, enviar un correo electrónico a: aeuferrol@mundo-r.com ou chamar ao teléfono: 981 94 42 22.

30 de xaneiro de 2014 | 20:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.