A asociación mosense O Montiño organiza un torneo solidario de fútbol feminino a favor do Club de Leones de Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMos
A-
A+

A Asociación Deportiva O Montiño Concello de Mos organiza o I Torneo Solidario de Fútbol Feminino que se celebrará o vindeiro sábado, día 4 de xaneiro, ás 16.00 horas no porriñés Campo de Fútbol de San Campio en Pontellas.

Cada asistente como público deberá entregar en concepto de entrada un kilo de alimento non perecedoiro que irá en beneficio das familias mosenses necesitadas usuarias do Club de Leones de Mos.

A primeira semifinal disputarase ás 16.00 horas entre a Asociación Deportiva O Montiño Concello de Mos e El Olivo de Vigo, a segunda semifinal empezará ás 17.10 horas e xogarase entre o Erizana de Baiona e o Sárdoma de Vigo. Ás 18.20 horas haberá un partido de Fútbol 7 Infantil Feminino e, a continuación, a partir das 19.00 horas disputaranse os terceiro e cuarto postos. A gran final xogarase ás 20.10 horas.

2 de xaneiro de 2014 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.