A área de Servizos Sociais de Ponte Caldelas organiza un taller de alimentación en diabetes
Servizos Sociais do Concello de Ponte Caldelas celebrará un taller sobre alimentación en diabetes, que será impartido por Vitoria Hierro Illanes, enfermeira educadora do Centro Hospitalario Universitario de Vigo. O evento, que terá lugar no salón de actos do Centro Cultural, desenvolverase entre as 16 e as 20:30 horas do próximo martes 18 de febreiro.
O obxectivo deste taller é mellorar a información e comprensión da enfermidade da diabetes por parte dos propios pacientes, familiares e cidadáns en xeral á vez que se lle proporciona habilitades e coñecementos necesarios para mellorar a súa calidade de vida no ámbito familiar.
Debido a que as prazas de asistencia serán limitadas, os interesados en participar neste taller de alimentación en diabetes deberán inscribirse previamente nas oficinas de Servizos Sociais, no Consistorio de Ponte Caldelas, en horario de mañá ou no Centro Cultural, si fano pola tarde.
Este taller centrarase en coñecer e mellorar a alimentación para persoas que padecen diabetes onde se analizarán recomendacións nutricionais, a pirámide de alimentación, grupos de alimentos, coñecemento e interpretación das etiquetaxes, etc.
Así, o programa formativo inclúe os seguintes temas: Concepto de alimentación e nutrición, obxectivos da alimentación, recomendacións nutricionais, valor enerxético dos principios inmediatos, pirámide da alimentación, grupo de alimentos, distribución dos hidratos de carbono segundo tratamento farmacolóxico, alimentación equilibrada e ferramentas para conseguila, consellos ante celebracións e viaxes, días de enfermidade, o manexo práctico de pesos e volumes en cru e cocido dos alimentos, o manexo práctico de equivalencias e familiarizarse coas características dos alimentos dietéticos e etiquetaxe











