A área de mantemento de viarios de Ferrol traballa na mellora do barrio da Magdalena
O servizo municipal de Obras, Reparación e Mantemento de Viarios do Concello de Ferrol, continúa hoxe os seus traballos na zona centro da cidade. Estas tarefas levadas a cabo polos operarios de Misturas S.A –empresa adxudicataria do servizo- forman parte das intervencións semanais realizadas nos distintos barrios da cidade e permiten cubrir as peticións veciñais.
Así, dende onte e ao longo da xornada de hoxe, a adxudicataria realiza actuacións de mellora no barrio histórico da Magdalena. Máis concretamente, os operarios desta prestación municipal acometen traballos de reparación no pavimento de varios treitos da rúa María.











