A agrupación folclórica “Os Gaiteiriños” actuará no 50 aniversario das Carmelitas Descalzas da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

A parroquia de Santa Teresa de Jesús, na Coruña, conmemora o 50 aniversario da presencia das Carmelitas Descalzas cunha serie de actos relixiosos que comezaron o pasado 22 de xaneiro e que se prolongarán ata a xornada dominical o 26 de xaneiro coa presenza do Arzobispo de Santiago, Julián Barro.

O sábado os actos centraranse nunha xornada infantil e familiar con diversos xogos e actividades para os máis cativos, incluíndo merenda, karaoke e ata a actuación do mago “Noel”. O día grande da celebración será o domingo cunha Eucaristía ás 12.30 h. que contará coa presenza do Arzobispo de Santiago e a actuación litúrxica da Agrupación Folclórica “Os Gaiteiriños”.

Todas as actividades atópanse recollidas neste programa.

24 de xaneiro de 2014 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.