publicidade hoxe

A actualización na DXT do domicilio dos veciños de Culleredo poderá realizarse dende o Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O Concello de Culleredo inicia un novo servizo administrativo para facilitar os trámites ao cidadán. Agora, o propio Concello pode xestionar ante a Dirección Xeral de Tráfico os cambios de domicilio relativos a vehículos pertencentes a empadroados no municipio. O goberno municipal adheriuse á proposta de convenio entre a DXT e a Federación Española de Municipios e Provincias para ofrecer esta facilidade aos veciños.

O Concello tramita as variacións do domicilio tanto do permiso de circulación como do propio vehículo. Para solicitalo, os interesados simplemente teñen que achegar, no momento de acudir ao Concello para empadroarse, a documentación relativa ao vehículo. O Concello automaticamente levará a cabo a xestión, que será confirmada mediante comunicación da

Os casos de empadroados que non actualicen no seu día a dirección do permiso de circulación ou vehículo tamén poden usar esta funcionalidade. Terán que acudir ao Concello coa documentación do vehículo. En todos os casos, este servizo é totalmente gratuíto para o cidadán. O goberno municipal destaca a mellora que supón para o veciño, dado que anteriormente debía desprazarse até a Dirección Xeral de Tráfico e agora pode realizalo desde a casa consistorial do seu municipio de residencia.

Facilidades para crear empresas

O Concello de Culleredo está a apostar de forma decidida por aumentar as facilidades administrativas para o cidadán. Os emprendedores son outro dos colectivos beneficiados por esta política. O Concello adheriuse á plataforma electrónica “Emprende en 3”, unha iniciativa propiciada polo acordo entre o Ministerio de Facenda e a FEMP co obxectivo de reducir a burocracia para a creación de empresas.

Con este sistema os trámites para a creación dunha pequena empresa ou dun negocio almacenista, de menos de 300 metros cadrados de superficie, acurtaranse de forma notable de 42 a 3 días. Os prazos tamén se reducen sensiblemente para os casos de cambio de titularidade. Esta nova plataforma permitirá realizar os trámites necesarios de forma simultánea co tres administracións: Estado, Xunta de Galicia e Concello.

E por Internet, o que evitará desprazamentos ás distintas dependencias públicas para os emprendedores cullerdenses. O Concello adaptará agora as ordenanzas de licenzas e aperturas a esta nova realidade O sistema procura a “eficacia e eficiencia” na xestión administrativa municipal, tratando de ofrecer maiores facilidades aos veciños. Especialmente importante resulta esta aplicación nestes momentos ao eliminar trabas burocráticas para a xeración de actividade económica e emprego.

16 de xaneiro de 2014 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.