A 4ª edición do Trofeo Porto de Marín terá lugar do 25 de xaneiro ao 1 de febreiro
A 4ª edición do TROFEO PORTO DE MARÍN, organizada polo Real Club de Mar de Aguete terá lugar os próximos sábados 25 de Xaneiro e 1 de Febreiro do presente 2014, aumentando a Categoría Clásicos coa de Veteranos, e a particularidade de navegar todos en ambas as xornadas con saída tamén conxunta de todas as Clases participantes.
É dicir, que participarán os Cruceiros ORC; Clásicos/Veteranos (JCH), e os denominados menores de 23 pés, que irán a tempo real.
– Os Cruceiros ORC funcionarán nesta serie aínda co certificado ORC 2013, pero a partir do 27 xa se pode sacar o deste ano para preparar as seguintes que empezarán inmediatamente.
– É preciso ter tramitada a Licenza Federativa deste ano (que ademais é un seguro persoal).
– A inscrición, 20 euros por barco (10 os armadores socios de Aguete e que naveguen por ese club) .
– Haberá cea final de entrega de premios, o propio sábado día 1 de Febreiro ás 21:30 horas, ao módico prezo de 17 euros por cabeza.











