75 alumnos de primaria asistirán ao obradoiro “Vibracións na Maré” en Pontevedra con Xosé Manuel Budiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedra
A-
A+

O Festival Internacional da Lusofonía, “Cantos na Maré”, extende este ano as súas ondas para chegar a outros lugares con outros proxectos de actividades vinculadas ao mesmo. O Pazo da Cultura acollerá mañá ás 10:00 horas Tecnolab, destinado a estudantes de escolas de Imaxe e Son de Galicia, mentres que ás 12:00 horas no Salón de Actos,  75 rapaces de dóus centros escolares (Álvarez Limeses e Lourido) asisitirán ao obradoiro “Vibracións na Maré” con Xose Manuel Budiño. Unha experiencia vibrante onde poderán coñecer algúns instrumentos, as diferentes sonoridades que poden conseguirse con eles, as emocións que poden expresarse a través da música, a linguaxe máis universal, onde poderán sentir o ritmo e expresalo a través do movemento corporal.

Estas e outras actividades que terán lugar na Casa das Campás, completan a programación previa ao festival, que se celebrará o sábado 11 ás 21 horas no Pazo da Cultura e contará con Vítor Ramil, Amancio Prada, Budiño, Grabiela Mendes e Luiz Caracol, baixo a dirección artística de Uxía Senlle e musical de  Paulo Borges.

Entradas anticipadamente en servinova a un prezo de 28 euros e o mesmo día do concertó dúas horas antes na billeteira do Auditorio.

8 de xaneiro de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.