50 vítimas da violencia de xénero participan nun encontro lúdico na Casa da Muller de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela  a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, e a concelleira de Igualdade da Administración local, Verónica Casal Míguez, participaron hoxe na apertura do programa “Desconexión”, unha xornada lúdica e terapéutica enfocada a traballar con mulleres vítimas de violencia de xénnero ou que es´ten en risco de selo, así como as súas fillas e fillos. O encontro desenvolvese dende as 10.00 horas até as 19.00 horas na Casa da Muller de Ferrol at e no mesmo participaron un total de 24 mulleres usuarias do Centro de Información á Muller do Concello ferrolán, e 22 menores con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.

Un Policía Nacional, Alejandro Gómez, experto en violencia de xénero, encárganse de traballar coas asistentes mentres os nenos e nenas participan nos obradoiros desempeñados por unha terapeuta ocupacional, Natalia Vázquez Pita. Ademais nais e menores levarán a cabo unha actividade conxunta de risoterapia e tamén compartirán o xantar. Mentres teña lugar o taller de autoprotección e o debate de sobremesa coas mulleres, os nenos/as participaran nun obradoiro enfocado á estimulación cognitiva dos menores, a traballar as habilidades sociais e a capacidade de toma de decisións e o autocontrol fronte as frustracións. Así mesmo, os nenos/as serán os encargados, na hora do xantar, de recoller e poñer a mesa, coa finalidade de que tomen conciencia da corresponsabilidade nas tarefas do fogar.

Os obxectivos desta iniciativa impulsada pola Secretaría Xeral de Igualdade coa colaboración do Concello de Ferrol son: crear unha rede de apoio social entre as mulleres participantes neste programa en toda Galicia; coñecer persoas que vivencien situacións semellantes, fomentar a visualización do problema, dotar ás mulleres para a prevención da violencia de xénero, identificar perfís de comportamento das persoas que exercen violencia, aprender técnicas para a xestión de situacións de violencia e aprender técnicas de xestión do estrés e de relaxación.

18 de xaneiro de 2014 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.