400 remeiros participarán no Campionato Galego de Remo Indoor en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaFerrol
A-
A+

A concelleira de Deportes, Susana Martínez, Galdós, presentou esta mañá o Campionato Galego de Remo Indoor, que se celebrará o vindeiro domingo, día 26 de xaneiro, a partir das 10 horas, no polideportivo municipal de A Malata. A edil ferrolá estivo acompañada polo presidente do Club de Remo San Felipe, Jose Daniel Rodríguez Rodríguez, club organizador xunto co Concello de Ferrol.

Así as cousas, Martínez Galdós explicaba que o campionato  está aberto a remeiros federados e en tódalas categorías:  dende a alevín até veteranos, tanto masculinos como femininos, e que contará cunha alta participación. “400 remeiros pertencentes a 30 clubs galegos” dixo a edil. Ademais, a competición desenvolverase en probas individuais e por equipos de relevos, e dela sairán aqueles remeiros que representen á comunidade galega no estatal que  terá lugar a vindeira semana en Sevilla. Así mesmo, e como na edición anterior, a proba acollerá unha quenda de remo adaptado especial.

Pola súa banda, o presidente do Club de Remo San Felipe, Jose Daniel Rodríguez Rodríguez, agradeceu o apoio do Concello de Ferrol e explicou que a competición contará coa presenza de tódolos clubs da comarca de Ferrolterra.

22 de xaneiro de 2014 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.