20 adegas da D.O. Ribeiro participan nun curso de formación sobre impostos especiais sobre o viño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseRibadavia
A-
A+

O Consello Regulador D.O. Ribeiro organizou onte unha xornada formativa para as adegas adscritas, co obxectivo de coñecer as últimas modificacións nos impostos especiais sobre o Viño e en concreto o referente a libros de contabilidade informatizada.

O curso foi impartido por Dna. Isabel Figueiras, Interventora do II.EE. do sur de Galicia, a cal detallou o réxime de intervención e controis contables, réxime de infraccións e sancións, procedementos de destrución e envíos de bagazos, modelos de libros regulamentarios, declaracións a presentar e finalmente repasouse EMCS.

As vinte adegas asistentes, expuxeron as súas dúbidas e aclararon todo o referente á modificación do Regulamento de Impostos Especiais.

15 de xaneiro de 2014 | 11:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.