16 segundos privaron ao filial do Azkar Lugo de gañar en Bembrive
Só 16 segundos privaron o pasado sábado ao Azkar Lugo B de sumar unha nova vitoria. O 4-4 final non fixo xustiza ao visto no Pavillón Municipal de Bembrive onde pontevedreses e lucenses acabaron por repartirse os puntos nun partido onde os azuis foron mellores ao seu rival en moitas fases do choque.
O arranque do partido foi de clara cor lucense onde tivo todo o protagonismo en ataque e iso permitiulle adiantarse aos tres minutos co 0-1 e ata puido ampliar diferenzas con claras ocasións, pero o Bembrive empataba antes do ecuador do primeiro periodo e ata ao minuto 12 poñíase por diante co 2-1. O Azkar Lugo B seguía sendo mellor que o seu rival e conseguía empatar co 2-2 e gozou ata de ocasións para poñerse por diante. Tralo descanso de novo sería o Mosteiro Bembrive o que se poñía por diante co 3-2, aínda que aos dous minutos de novo o Azkar B poñía as táboas co 3-3. Aí o partido tivo unha fase de igualdade pero seguía sendo a escadra pronista a que dominaba o que lle fixo poñerse por diante co 3-4 a falta de seis minutos para a conclusión. Os locais atacarían con porteiro-xogador a falta de tres minutos, pero o filial do Azkar defendíase sen encaixar gol. Só 16 segundos privaron aos lucenses de sumar un triunfo xa que aí chegaría o 4-4 do Bembrive que sería definitivo.
Ficha técnica:
Mosteiro Bembrive 4: Carlos, Bernardo, Jacobo, Mario e Jonathan, -cinco inicial-, Carlos Borrajo, Jacobo Carpintero, Carlos Gesteira, Miguel e Carlos Areñas.
Azkar Lugo B 4: Mujín, Manu, Cabanas, Diego e Javi Río, -cinco inicial-, Miguel, Cristian, Adrián e Illi. Árbitros: Roldán Pérez e Varela Señaris (Pontevedra e Santiago). Amonestaron con tarxeta amarela a Jacobo Carpintero (Bembrive) e a Manu e Javi Río (Azkar B).
Incidencias: 16ª xornada no grupo I da 2ª división B. Pavillón Municipal de Bembrive. Goles: 0-1 min. 3 Javi Río, 1-1 min. Jacobo, 2-1 min. 12 Bernardo, 2-2 min. 14 Miguel, 3-2 min. 25 Jacobo, 3-3 min. 27 Javi Río, 3-4 min. 34 Diego e 4-4 min. 40 Carlos Borrajo.O Azkar Lugo B recibirá este sábado desde as 18:00 horas no Centro Deportivo Terra ao HL Rueda Guardo FS.











