“Zalo o Cabalo” no programa de Ocio en Familia de Mos
O programa municipal da concellería de Educación e Participación Cidadá, Ocio en Familia, organiza este Nadal a actividade Zalo o Cabalo, que se celebrará o domingo 29 de decembro ás 17.30 horas no centro Multiusos das Pozas, en Petelos.
Trátase da historia de Zalo, un cabalo que vive nunha granxa e que ten un sono: ser un camelo e acompañar aos Reis Magos no reparto de agasallos aos nenos e nenas. Unha divertida historia chea de ilusión pero tamén de momentos tristes. Con este relato preténdeselles amosar aos cativos que todo é posible, que con perseverancia e bo corazón os sonos poden chegar a realizarse.
Zalo o Cabalo é un espectáculo dirixido ós membros das unidades familiares do municipio de Mos con nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos. Os obxectivos desta actividade, segundo declarou Kely Monzón, edil responsable da mesma, son “ofrecer alternativas de ocio saudable para todos os públicos, promover a participación e o divertimento das familias de Mos, mellorar e aumentar os momentos de lecer compartidos nos membros de cada familia, proporcionar ferramentas ás familias para a súa propia xestión de ocio saudable, e propiciar a interactuación e o contacto entre as diferentes familias do Concello”.











