publicidade hoxe

XV San Silvestre de Castrelo de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de MiñoDeportes
A-
A+

Organizada polo Concello de Castrelo de Miño mañá martes 31 de decembro ás 16:30 horas terá lugar no contorno do Parque Náutico a XV Edición da San Silvestre.

A inscrición realizouse a traveś da web www.castrelo.org ata o 26 de decembro e superáronse os 300 participantes.

A inscrición ten un custe de 4 €, e todos os participantes recibirán unha camisola conmemorativa de agasallo, así como o xa tradicional chocolate quente ao remate da proba. Os participantes contarán tamén con servizo de cronometraxe con chip incluído dentro do custe da inscrición.

Este ano será tamén unha carreira solidaria, xa que contará coa participación e a colaboración da Cruz Vermella, que terá un posto permanente na proba, no que todos os participantes ou público asistente poderán colaborar donando un quilogramo ou un litro de alimentos non perecedeiros en beneficio do proxecto da Cruz Vermella “Agora máis que nunca”, para dar cobertura a todas aquelas persoas da comarca con escasos recursos económicos.

O percorrido da proba será similar ao da pasada edición ao redor das instalacións do parque náutico.

A dispor dos participantes estarán os vestiarios e duchas do parque naútico.

30 de decembro de 2013 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.