Xuventude de Vilagarcía conmemora o Día do Voluntariado cun obradoiro infantil e a presentación da guía da solidariedade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de ArousaXuventude
A-
A+

Como cada 5 de decembro, mañá conmemórase a nivel mundial o Día do Voluntariado, unha data coa que se pretende recoñecer o traballo altruísta e en beneficio da sociedade que realizan as organizacións de voluntarios e tamén para promover o voluntariado. A Concellería de Xuventude e Solidariedade que dirixe Sandra García Roma súmase a esta conmemoración organizando un obradoiro infantil e presentando a nova edición da Guía da Solidariedade.

Os actos do Dia do Voluntariado terán lugar mañá pola tarde na Praza de Galicia onde se instalarán dúas carpas. Nunha delas levarase a cabo á presentación aos colectivos participantes da nova edición da Guía da Solidariedade. A publicación reúne a 22 entidades que desenvolven acción social no municipio a través do voluntariado. A guía pretende ser un recurso tanto para as persoas que precisan dos servizos dun destes colectivos e tamén para as que desexan colaborar coa sociedade a través do voluntariado. Por eso, na publicación recollénse os programas e proxectos que leva a cabo cada colectivo, aos grupos aos que se dirixe a súa acción, os contactos e actividades.

A Concellería de Xuventude tamén pretende crear canteira no Voluntariado, por iso organiza unha actividade dirixida aos nenos e nenas. Trátase dun obradoiro infantil de manualidades denominado a “Arbore Solidaria” no que os participantes poderán realizar plasmar as súas mensaxes solidarias en adornos que eles mesmos confeccionarán e cos que logo decorarán unha árbore de Nadal.

As actividades comezarán ás cinco da tarde.

4 de decembro de 2013 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.