publicidade hoxe

Xornada de “novos perfís profesionais na era dixital” na Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

Con motivo da celebración do Día Internacional do Voluntariado o vindeiro 5 de decembro, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza, no marco do Programa de Voluntariado Dixital, a xornada “Novos Perfís Profesionais na Era Dixital” .

O seminario, que se celebrará a partir das 9.30 da mañá na sede da Amtega, no edificio CINC da Cidade da Cultura, ten como obxectivo mostrar os novos perfís profesionais que están a xurdir grazas ao avance da economía dixital e que están a demandar cada vez máis as empresas. Os asistentes á xornada coñecerán de primeira man a experiencia de nove mozos e mozas galegos que apostaron por emprender no eido das TIC.

Poderase seguir a través de videoconferencia nas aulas CeMIT Vilagarcia, Barreiros, Celanova, Lalin, Cerceda, A Cañiza, Tui e Monforte.

Conferencia

O experto en marketing dixital e redes sociais, Juan Merodio, será o encargado de iniciar a sesión cunha conferencia sobre os novos perfís profesionais xurdidos ao abeiro da nova economía dixital. Merodio, é relator habitual de Congresos de ámbito nacional e internacional e profesor na Universidade Rey Juan Carlos, CESMA e o Instituto de Empresa (IE), entre outros centros. É fundador do “Grupo Ellas”, empresa enfocada á creación de webs dedicadas á muller; socio-fundador de “Marketing Surfers”, a Axencia de Marketing 2.0; socio e director de Marketing de “InvierteME”, a rede de Emprendedores e Investidores e Fundador de Emprende Finance, onde axudan a emprendedores a conseguir financiamento para os seus proxectos.

Profesionais do marketing, a programación e o deseño dixital

Tras a conferencia inaugural, 9 mozos e mozas galegos contarán a súa experiencia profesional en tres ámbitos do eido tecnolóxico. Na área do marketing e a comunicación dixital participarán José Alcañiz, xerente da Central de Reservas de Hoteles Buscadestinos.com,Óscar Reboiras, xornalista e xestor de redes sociais do operador R e o bloguero da Voz de Galicia David Serantes, responsable do blog Serantes &Cía.

No eido da programación de videoxogos e apliacións para teléfonos móbles, exporán a súas experiencias profesionais Sergio Prieto, fundador de Gato Salvaje Estudio, Xurxo Méndez, Ceo en SmartGalApps, e Alberto Ruibal fundador da empresa Mobialia.

A xornada rematará coa visión de tres profesionais galegos do deseño virtual, arte e creatividade: Daniel de Castro, director de arte en DeCastro-Designers; Pablo López, xerente de Hacce Soluciones TIC e Alexandre Santorio, socio de Duplo Estudio.

4 de decembro de 2013 | 10:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.