Xoan Curiel ofrece un concerto solidario en Vigo da man de Implicadas no Desenvolvemento
O vindeiro xoves, 19 de decembro, ás 21:30 Implicadas no Desenvolvemento organiza un novo concerto solidario. Desta vez será da man de Xoan Curiel-Magnético Zero no Espazo Cultural da Nave de Vidán.O prezo da entrada é de 5 euros.
O obxectivo deste concerto solidario é recadar fondos para os programas de cooperación ao desenvolvemento que nestes momentos Implicadas ten en marcha en Támil Nadu (India). Por un lado o programa de “Erradicación do infanticidio feminino” en Salem e por outro, o programa de “Empoderamento das mulleres” en Tiruchy, Ademais de dar visibilidade ao traballo que Implicadas fai aquí en Galicia polo que se fará paralelamente ao concerto unha presentación da ONGD.
Implicadas no Desenvolvemento é unha organización galega de cooperación fundada no ano 1998. Basea o seu traballo na procura da igualdade de xénero como base para o desenvolvemento humano sostible e perdurable. A ONG traballa dende Galicia e tamén en países coma a India e Etiopía, e faino cun marcado enfoque de xénero. Para saber máis sobre as súas actividades podedes a través da súa páxina web www.implicadas.com.