XIV Feira de Nadal de Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces organiza a XIV Feira de Nadal de Vila de Cruces, que será o día 22 de decembro de 2013.
Poderanse adquirir galos e galliñas de curral da raza de Mos ou doutras razas.
Haberá unha exposición de distintas razas autóctonas españolas de galos.
A feira abrirá as súas portas ás 11 da mañá e a partir das 12 haberá unha degustación ofrecida por varios restaurantes da localidade.











