Xantar de Nadal en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Un ano máis o Concello de Cabanas por medio da súa Concellería de Servizos Sociais organizou o seu tradicional xantar de Nadal. Unha ocasión na que se aproveita para estreitar os lazos interparroquiais e mellorar a convivencia veciñal de Cabanas. Búscase a través desta iniciativa fomentar as relacións entre os veciños e veciñas de Cabanas, que nunha datas tan especiais como estas do Nadal aproveitan para celebrar a chegada dun novo ano.

Nesta ocasión o Concello de Cabanas quixo facer unha distinción especial tanto para o asistente de maior idade presente no xantar como para o matrimonio que máis anos levaba xunto. Estas distincións recaeron nesta ocasión en Francisca Pena Souto como a asistente de maior idade e Juan Pereira e Antonia Feal como o matrimonio de máis anos.

13 de decembro de 2013 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.