publicidade hoxe

Xa está en marcha o programa de Nadal do Concello de Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

O programa de Nadal do Concello, que comezou o pasado 14 de decembro cun obradoiro de colocación do Belén na OMIX de Xove e continuou o día 20 pola mañá na Escola Infantil de Xove coa visita de Papá Noel, tivo un dos seus puntos fortes este pasado sábado 21 de decembro, onde Papá Noel, nun vehículo especialmente preparado, percorreu tódalas aldeas de Xove visitando aos nenos do noso Concello. Xa pola noite deste mesmo día 21, concretamente a partires das 21:00 horas, tivo lugar a inauguración do Belén Municipal de Xove, un Belén xigante que ocupa unha boa parte do Parque Municipal e que está conformado con diversas escenas típicas de belén e imaxes a tamaño natural. A escenificación do Belén correu a cargo do grupo de alumnos da Escola Municipal de Maiores, sendo a posta en escea realizada por Lucía Meitín.

Xa dentro das actividades desta nova semana que comeza, hoxe pola mañá desenvolveuse un obradoiro de manualidades para nenos/as de 3º ata 6º de primaria.

Dentro das próximas actividades deste denso programa municipal, temos:

Mañá, martes 24 de decembro, ás 16:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico: videoproxección da película francesa de debuxos “EL ILUSIONISTA”, para tódolos públicos, en especial nenos/as e rapaces/as.

O mércores 25, Día de Nadal, imos ter no Pavillón Municipal de Deportes, a partires das 18:00 horas, o Espectáculo Infantil de Animación “A BAILAR”. Remataremos esta actividade no Pavillón cunha CHOCOLATADA.

O xoves 26 é o día da música, xa que imos ter o CONCERTO DE NADAL DA ORQUESTRA CLÁSICA DE XOVE, cun amplo Programa onde inservirán os alumnos/as da Escola Municipal de Música de Xove. Este Concerto vai desenvolverse no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 19:00 horas.

Tódalas actividades contidas neste programa son de carácter libre e gratuito, polo que invitamos a todos, de Xove ou visitantes no noso Concello, a participar e disfrutar das moitas actividades programadas.

23 de decembro de 2013 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.