X exposición da Camelia Sasanqua en Boiro
Esta fin de semana celébrase a X Exposición da Camelia Sasanqua e outras. Aínda que a de Boiro é a última do calendario 2013, en realidade, esta exposición coincide cunha nova tempada da flor e abre o calendario de mostras que se suceden polo territorio galego ata o mes de marzo. Á mostra acudirán arredor de 40 expositores, a meirande parte deles son galegos, con representación dalgún viveiro de Asturias e do norte de Portugal.
A exposición poderá visitarse na Casa da Cultura Ramón Martínez López os días 14 e 15 de decembro, en horario de mañá e tarde. O acto inaugural será o sábado, 14 ás 12:30 h, ao que acudirá Carmen Pardo, xerente de Turgalicia.
Se alguén está interesado en inscribirse como expositor, pode facelo na Oficina de Turismo do Concello de Boiro. Telf. 981842654 ou correo turismo@boiro.org











