publicidade hoxe

Votación de carteis ‘Entroido 2014’ en Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Desde o vindeiro sábado 21 de decembro, e ata o 04 de xaneiro, estarán expostos na nova Oficina de Turismo de Verín (rúa Irmáns La Salle -ao carón da Casa da Cultura de Verín-), os doce carteis participantes  no concurso do ‘Entroido 2014’ para a súa votación entre os/as veciños/as de Verín, previa presentación do DNI.

Aínda que nun primeiro momento a votación de carteis iniciábase mañá 17 de decembro, a mesma debe atrasarse ata a apertura da nova Oficina de Turismo, que terá lugar o vindeiro venres 20 de decembro. En consecuencia, ao atrasarse a data de inicio tamén o fará a do final do proceso de votacións, que pasará do 30 de decembro ao 04 de xaneiro.

Durante estas xornadas, os/as veciños/as poderán votar, previa presentación do DNI, o deseño que máis lles guste -outorgándolles tres, dous e un punto a tres dos carteis participantes-, o que máis votos obteña será o cartel que represente o voto popular. Este voto popular súmase aos restantes outorgados polos outros membros do Xurado Cualificador, que estará conformado por: un representante de cada partido político da corporación municipal (un total de tres), un representante do mundo do cigarrón, dous artistas locais ou profesores de pintura, un representante da carroza galardoada en 2013, un representante da comparsa galardoada 2013. O voto popular, ademais de reflectir o resultado do proceso electivo no que participan os/as cidadáns/nas, será o que resolva un posible empate en caso de producirse. O premio consistirá na edición do cartel seleccionado e nunha dotación económica de 400 euros.

16 de decembro de 2013 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.