Vintedouspés organiza unha ruta de sendeirismo en Lousame coa recreación dun antigo mercado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

A agrupación Vintedouspés organiza este venres 6 de decembro (Festivo da Constitución) a iniciativa “Camiño do Mercado”, que inclúe unha ruta de sendeirismo dende o lugar de Carantoña (Tállara) que durante o seu percorrido estará ambientada por diversos personaxes inesperados e cunha recreación dun antigo mercado. Unha iniciativa que conta co apoio do Concello de Lousame e que busca rescatar do esquecemento profesións antigas dos nosos maiores.

“Camiño do mercado” terá lugar na mañá do venres 6 de decembro, de 10:00 a 14:00 horas. A ruta de sendeirismo é apta para todos os públicos, se ben os menores deberán estar acompañados dun adulto. A participación é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse antes do 4 de decembro no Concello de Lousame (981 82 04 94) ou en Vintedouspés (637954090 ou 615637227). “Camiño do Mercado” está organizado por Vintedouspés e conta coa colaboración do Concello de Lousame, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Lousame e do grupo municipal de teatro afeccionado.

3 de decembro de 2013 | 13:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.