Vilagarcía recibe o ano con 12 horas de antelación repartindo 350 quilos de uvas
A localidade pontevedresa de Vilagarcía de Arousa celebrou este martes o seu tradicional fin de ano con 12 horas de antelación, repartindo entre os veciños 350 quilos de uvas e 400 botellas de cava.
Como levan facendo desde 1998, centenares de veciños de Vilagarcía déronse cita ás 12.00 horas do mediodía na Praza de Ravella para ensaiar a benvida ao ano novo, tomarse as uvas e celebrar unha festa con música e animación que se prolonga as 13.30 horas.
Grazas ao patrocinio de Gadisa, en colaboración con Zona Aberta, este ano repartíronse entre os participantes 350 quilos de uvas, e máis de 400 botellas de cava, un número superior a anos anteriores. Así mesmo, os máis pequenos contaron con 300 bolsas con 12 gominolas para poder imitar aos maiores.
Como é tradicional, ademais das badaladas, os vilagarciáns gozaron de música e pirotecnia para dar a benvida a 2014 de forma anticipada. A choiva, moi presente esta xornada, deu unha tregua para poder celebrar esta festa.











