Vigo será promocionado como destino de escapada en París, Madrid, Barcelona e Bilbao

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+

A Xunta de Goberno Local adxudicou hoxe luns unha “importante” campaña de promoción de Vigo como destino turístico de corta estancia. Segundo avanzou o rexedor, as accións promocionais levaránse a cabo en París, Madrid, Barcelona, Bilbao, Oporto, Valladolid, Zamora e León.

As posibilidades turísticas de Vigo serán promocionadas en París, Madrid, Barcelona, Bilbao, Oporto, Valladolid, Zamora e León, dentro da campaña da cidade como destino de escapada. A Xunta local de Goberno adxudicou un conxunto de accións que inclúen instalar vallas publicitarias nos aeroportos e nos centros das cidades, así como a inserción de anuncios e cuñas nos xornais e radios de máis audiencia destas cidades próximas ou con boa conectividade con Vigo.

Por outra banda, a Xunta de Goberno local tamén aprobou unha subvención de 15.000 euros para financiar a temporada lírica de Vigo.

30 de decembro de 2013 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.