Vigo é a primeira cidade en adaptar á nova normativa estatal a inspección técnica de edificios

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+

O alcalde de Vigo deu conta da aprobación da Ordenanza Municipal Reguladora da Inspección Técnica (ITE), adaptándose ao novo marco legal estatal, ademais de mellorar o antigo texto. Como novidade, dixo o rexedor, inclúe a avaliación das edificacións, o que supón completar o examen dos edificios de máis de trinta anos.

Caballero avanzou que Vigo é pioneira nesta adaptación normativa e indicou que o texto pasará pola Xerencia de Urbanismo e polo Pleno para abrir a continuación un periodo de exposición pública de 30 días. Se hon hai reclamacións, a ordenanza se entenderá por aprobada definitivamente cando se publique de xeito íntegro no BOP.

13 de decembro de 2013 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.