publicidade hoxe

Verín mellora a rede de abastecemento na localidade de Pazos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Co obxecto de solventar as roturas da canalización de abastecemento na marxe dereita da nacional 525, na localidade de Pazos, a brigada municipal do Concello de Verín está, nas últimas semanas, a substituír a mesma e así mellorar a calidade do servizo de auga ofertado aos/ás veciños/as desta zona do municipio.

O actual grupo de goberno decidiu substituír a anterior canalización de fibrocemento co fin de evitar os continuos cortes do suministro que se producían nesta zona debido as roturas puntuais na mesma. Para esto procedeuse ao cambio da canalización da rede de abastecemento dun tramo de 200 metros, situado na nacional 525 entre o enlace coa estrada de Vilaza e o do polígono industrial de Pazos. Ademais da substitución da canalización, que era moi antiga, procedeuse a remodelación das beirarrúas nese tramo da localidade de Pazos. Con todo, desde o Concello de Verín xa se presentou un proxecto á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para renovar o resto da rede de abastecemento nesta zona coa maior brevidade posible.

12 de decembro de 2013 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.