V torneo solidario do Club Baloncesto Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTui
A-
A+

Mañá venres 20, a partir das 16.30 horas, no pavillón deportivo municipal vello de Tui, terá lugar o “V Torneo Solidario” que organiza un ano máis o Club Baloncesto Tui, en colaboración co Concello de Tui, e co patrocinio de GADIS.

Nesta quinta edición xogaranse diferentes encontros de baloncesto entre as categorías de iniciación, peques, benxamíns e alevíns, co obxectivo de recadar alimentos, que serán doados a Cáritas.

O Concello de Tui agradece ao Club Baloncesto Tui a organización de este evento deportivo solidario e anima a tódolos tudenses a acudir ao pavillón para gozar dunha xornada de baloncesto dos máis cativos, así como colaborar con Cáritas nestes momentos tan difíciles para moitas persoas.

19 de decembro de 2013 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.