publicidade hoxe

Usuarios da asociación Amarai participan en sesións de hipoterapia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúaMelide
A-
A+

Un grupo formado por oito persoas usuarias da Asociación de persoas con discapacidade de Arzúa e Terra de Melide (Amarai) desprazouse, acompañada dun monitor, ata as instalacións da Real Sociedad Deportiva Hípica en San Estevan de Morás, en Arteixo, para practicar hipoterapia.

Esta actividade, que foi programada pola área de lecer de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) consta de tres sesións, de unha hora de duración cada unha, nas que os participantes poden sentir as sensacións que producen tanto montar a cabalo como o poder atendelos pasándolle un cepillo ou acaricialos.

Estas actividades terapéuticas realízanse co fin de aumentar a motivación, estimular a afectividade, sensibilidade dos sentidos e mellorar a concentración e a capacidade de independencia das persoas con discapacidade.

As persoas que participaron gozaron moito de poder estar enriba dos cabalos, a pesar de que as tardes de práctica foron con temperaturas baixas. Todos os que foron na primeira sesión repetiron na segunda e volverán a tomar a última clase que será o vindeiro día 18 de decembro.

12 de decembro de 2013 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.