publicidade hoxe

Uns sesenta veciños de Frades participaron no Cantar de Reis e no espectáculo de animaxia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Participantes no Canto de Reis

Participantes no Canto de Reis

Máis de sesenta veciños e veciñas de Frades encheron o multiusos para participaren no Cantar de Reis e no espectáculo de Animaxia, organizados polo Concello de Frades dentro de seu programa de Nadal. A festa comezou ás 10:30 horas coa actuación de Anima Duendes Máxicos de Nadal, que ofreceron un completo espectáculo a base de xogos, bailes, animación, contos interactivos, feitizos e trucos máxicos dirixidos aos máis pequenos.

Despois de repoñer forzas cunha chocolatada por cortesía da ANPA do CPI Pontecarreira, os presentes participaron nunha iniciativa da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia: “Cantámosche os Reis”. Pablo Díaz e Olga Kirk difundiron cancións en galego propias destas festas e animaron a todos os asistentes a recuperaren a tradición de interpretar nadais, aninovos e reis polas casas de Frades. De feito, unha desas pezas recuperadas era un Canto de Reis de Santaia de Moar (Frades).

30 de decembro de 2013 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.