Unhas 700 persoas gozarán dos eventos programados no Nadal de Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Carral ofrecerá neste mes un programa no que se prevé a participación de máis de 700 persoas. O vindeiro sábado continúa o ciclo de teatro que se está desenvolvendo en Tabeaio, no local Xente Nova, coa obra Amantes y otros extraños que representa o grupo carralés de teatro amador A Fiestra. Será ás 20:30 h, con entrada libre ata completar aforo.

O ciclo teatral remata o xoves 19 cunha representación de Descubrindo a Chaplin da compañía Poéticas Urbanas, dirixida a alumnos da ESO.
As bibliotecas municipais realizarán entre o 18 e o 20 de decembro varias actividades dirixidas aos nenos. A primeira é a visita de Papa Noel á biblioteca infantil o mércores 18, a segunda é un obradoiro de decoración de Nadal que terá lugar na biblioteca da Casa da Cultura o xoves 19 e para a que é necesario inscribirse previamente; e a última será un contacontos con Pablísimo o venres 20 ás 18 h, tamén na Casa da Cultura.
A programación de Nadal que desenvolve a Concellería de Cultura remata o sábado 28 co Festival de Panxoliñas no que participarán as corais Escolma Coralis e Aires de Carral. O concerto comezará ás 19 h.

Con estas actividades a responsable da área de Cultura, Isabel López, está segura de que se consegue unha completa programación, xunto coas actividades previstas polos departamentos de Deportes, Xuventude e Educación.

PROGRAMACIÓN DE NADAL – CULTURA

Ciclo de teatro

AMANTES Y OTROS EXTRAÑOS de Teatro A Fiestra
Sábado 14 de decembro – 20:30 h.
Local Xente Nova de Tabeaio

DESCUBRINDO A CHAPLIN de Poéticas Urbanas
Xoves 19 de decembro – 12:30 h.
Local Xente Nova de Tabeaio
Para alumnado da ESO

Nadal nas bibliotecas municipais

VISITA DE PAPA NOEL Á BIBLIOTECA INFANTIL
Mércores 18 de decembro – 16:30 h.

OBRADOIRO “DECORACIÓN DE NADAL”
Para nenos e nenas de 3 a 10 anos
Biblioteca Municipal – Casa da Cultura
Xoves 19 de decembro – 18:00 h

DE AGASALLO… UN CONTO (contacontos) de Pablísimo
Biblioteca Municipal – Casa da Cultura
Venres 20 de decembro – 18:00 h
Prazas limitadas (inscricións na Casa da Cultura)

Ciclo de cine infantil

MONSTER UNIVERSITY
Luns 23 de decembro – 17:00 h
Casa da Cultura de Carral

RATATOUILLE
Venres 27 de decembro – 17:00 h
Casa da Cultura de Carral

LOS CROODS
Luns 30 de decembro – 17:00 h
Casa da Cultura de Carral
Localidades limitadas. Desde 48 horas antes do inicio da sesión poderanse retirar as entradas, que son de balde. Os nenos e nenas deberán estar acompañados dalgún adulto durante a proxección.

FESTIVAL CORAL DE PANXOLIÑAS
Grupo Coral Escolma Coralis
Coral Aires de Carral
Sábado 28 de decembro – 19:00
Edificio Social Toñito Espiñeira

11 de decembro de 2013 | 14:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.