publicidade hoxe

Unha vintena de veciños de Frades obtiveron o carné de manipulador de alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

Unha vintena de veciños e veciñas participaron nun curso de manipulador de alimentos, organizado polo Concello de Frades, que lles permitiu obter ou renovar este carné. Durante a xornada, celebrada no multiusos de Frades, os alumnos aprenderon todo o preciso sobre o correcto tratamento dos alimentos.

Esta credencial é imprescindible á hora de optar a un emprego en empresas relacionadas coa manipulación de alimentos durante a súa preparación, fabricación, transformación, elaboración, envasado, almacenamento, transporte, distribución, venda, subministro ou servizo. Deste xeito, o carné de manipulador é preciso para traballar en bares, restaurantes, supermercados, garderías, transporte e distribución de alimentos, fábricas de envasado e manipulación, hostalería, comercio, sector cárnico e pescados, comedores escolares, residencias xeriátricas, axuda a domicilio, etc.

26 de decembro de 2013 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.