Unha tonelada de roupa e xoguetes para os máis necesitados de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOrdes
A-
A+

Os membros da ANPA do CEIP Mesón do Vento en colaboración cos servizos sociais do Concello de Ordes levaron a cabo unha campaña na que se recolleu arredor dunha tonelada de xoguetes e roupa usada, tanto para adultos como para nenos e nenas. O pasado venres varios dos voluntarios reuníronse nas instalacións municipais ubicadas no Mesón do Vento para facer acopio de todo material doado, que superou as expectativas dos máis optimistas.

“Temos moito que agradecer a todos os membros da ANPA e ao persoal do colexio que traballaron a reo para facer isto posible e que doaron moitos xoguetes e roupa, así como ao Concello de Ordes pola súa colaboración”, comenta Juan Carlos Fariña, presidente da ANPA do centro escolar. Precisamente será o Concello o responsable de distribuir todo o acadado entre as familias máis necesitadas. Anque nun principio a campaña rematou a pasada fin de semana “aqueles que queiran doar algún xoguete ou prenda aínda están a tempo si se achegan ata o colexio de 10 a 16.30 horas ao longo dos próximos días”, explica Juan Carlos Fariña.

A que sí permanecerá oficialmente aberta ata o vindeiro 13 de decembro é a campaña de recollida de alimentos na que tamén participan o Concello de Ordes e o Banco de Alimentos. Igualmente todas as doazóns pódense entregar no colexio do Mesón do Vento.  A isto hai que sumarlle a campaña Un Nadal para todos emprendida dende o Concello e que tamén rematará o día 13. A través dela todo o que queira poderá depositar alimentos nas caixas ubicadas nos supermercados Gadis, Eroski e Covirán para a repartilos de cara á celebración da Noiteboa e do día de Nadal.

9 de decembro de 2013 | 12:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.