publicidade hoxe

Unha muller embarazada tivo que ser rescatada dun coche que quedou colgado nunha ponte tras unha saída da vía en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal PortadaSucesos
A-
A+
E.P.

Unha muller embarazada foi rescatada este luns dun coche que quedou colgado dunha ponte tras sairse da vía no termo municipal de Lalín (Pontevedra).

Segundo os datos facilitados polo 112, os servizos sanitarios de urxencias solicitaron a intervención dos Bombeiros do Deza para rescatar a muller tras sairse da vía o vehículo no que viaxaba e quedar nun terraplén colgado dunha ponte.

O sinistro tivo lugar uns minutos antes das 11.00 horas na saída do Polígono de Botos, en Lalín. Os servizos sanitarios indicaron que se podía acceder á persoa pero, ao quedar o vehículo inestable eran necesarios os bombeiros.

Así, foron mobilizados os Bombeiros do Deza, a Guardia Civil de Tráfico e efectivos do GES e de Protección Civil de Lalín. Mentres, o 061 desprazou ao lugar un médico de Atención Primaria e unha ambulancia asistencial.

A persoa ferida, unha muller de 35 anos de idade, foi levada en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), segundo sinalaron a Europa Press fontes sanitarias.

16 de decembro de 2013 | 15:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.