Unha ferida grave e dous leves nun atropelo na Coruña
Unha muller resultou ferida grave e outras dúas leves ao ser atropeladas na avenida Alfonso Molina, en A Coruña, nun paso de peóns regulado por semáforo.
O accidente aconteceu na tarde do sábado, na avidas Alfonso Molina, no que se viron implicadas dúas mulleres, que eran irmás, e a filla dunha delas, que foron atropeladas por un coche.
Segundo informa a Policía Local de A Coruña, ao lugar dos feitos acudiron os servizos do 061 que trasladaron en ambulancia ás tres feridas ao Hospital San Rafael.











