Unha empresa de Arteixo entrega un lote de xoguetes para 87 cativos
A empresa Cousas S.L., con sede central en Arteixo, colabora con Axudantes dos Reis Meigos (c/ Entrepeñas, 24) entregando un lote de xoguetes que dita entidade repartirá entre aproximadamente 87 nenos da súa zona de actuación.
A intención da empresa arteixana é facilitar o labor que Axudantes dos Reis Meigos realiza desde hai uns anos coa chegada dos Reis Meigos na repartición de xoguetes, facendo que estes poidan chegar a o maior número de fogares afectados pola época de inestabilidade económica que estamos a atravesar. A entrega tivo lugar esta mañá do 26 de decembro. Recolléronse 7 caixas de xoguetes entre todas as tendas da empresa, con case un centenar de xoguetes para todas as idades (xogos de mesa, bonecas, camións, pelotas, xogos de primeira infancia…)
Cousas é unha empresa asentada en Coruña, Arteixo, Ferrol, Barco de Valdeorras e Monforte de Lemos, dedicada á distribución almacenista e venda de artigos de decoración, fogar, juguetería, bixutaría, papelería…











