Un Ribeiro proclámase mellor viño branco de España na guía ABC de Juan Fernández-Cuesta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseRibadavia
A-
A+

O viño da D.O. Ribeiro, Adega do Moucho 2011, resultou como o mellor viño branco de España para a Guía ABC 2014, elaborada polo prescriptor Juan Fernández-Cuesta sempre a partir de viños cun custe por debaixo de 35 euros. Este nomeamento xurde por obter un total de 96 puntos na guía de viño ABC na categoría de viños brancos.

A publicación, tamén resalta 17 viños máis da D.O. Ribeiro, que obtiveron máis de 90 puntos.

Listado de adegas e viños incluídos na Guía:

(*Colleita/Nome do viño/Puntuación na Guía ABC/Tipo de Viño/Adega)

*2012/Casal de Armán/92/B/Casal de Armán
*2012/1040 Sameirás/91/B/Antonio Cajide
*2011/Adega do Moucho/96/B/Francisco García
*2011/Versatus/92/B/Campante
*2011/Armán Finca Misenhora/92/B/Casal de Armán
*2010/Coto de Gomariz Coll. Selecc./92/B/Coto de Gomariz
*2012/Gran Reboreda/91/B/Campante
*2012/Máxima/91/B/Pazo Casanova
*2012/Sanclodio/92/B/Producións A Modiño
*2012/Viña Mein/90/B/Viña Mein
*2011/Viña Mein barrica/94/B/Viña Mein
*2012/Cuñas Davia/90/B/Adegas Valdavia
*2012/Pousadoiro/91/B/Adega Pousadoiro
*2012/El Paraguas/92/B
*2012/Eduardo Peña/91/B/Eduardo Rodríguez
*2012/Terra do Castelo Selección/91/B/San Roque
*2012/Finca Viñoa/92/B
*2012/Colección Costeira Treixadura/90/B/Vitivinícola do Ribeiro

20 de decembro de 2013 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.