Un peregrino belga realiza realizou o Camiño de Santiago dende a Praza Roxa de Moscova

Currás xunto ao peregrino belga
O alcalde, Ángel Currás, recibiu en Raxoi a Werner van Zuylen, un cidadán belga que vén de realizar a pé o traxecto entre Praza Roxa de Moscova (Rusia) e Santiago de Compostela. Esta singular peregrinación arrancou o 15 de xullo. Ata chegar a Compostela e ao longo destes cinco meses, percorreu máis de 4.000 quilómetros e atravesou sete países.











