publicidade hoxe

Un operario resulta ferido en Lugo tras envorcar o elevador dunha obra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoSucesos
A-
A+
Europa Press

Un operario resultou ferido este xoves ao envorcar un elevador mentres traballaba nunha obra nun centro comercial en Lugo, debido ao que foi evacuado ao hospital.

Os feitos tiveron lugar sobre as 10.15 horas deste xoves nun centro comercial na rúa Orquídea de Lugo, segundo a información facilitada polo 112, que precisou que o operario non estaba atrapado, pero non podía mover as pernas.

O 112 Galicia informou do sucedido aos servizos sanitarios, así como á Policía Nacional, Policía Local de Lugo e a Protección Civil da localidade.

En concreto, o 061 desprazou unha ambulancia medicalizada que levou ao ferido, R.F.F., de 33 anos de idade, ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

19 de decembro de 2013 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.