Un home resulta ferido tras unha explosión nun taller de coiro na Coruña
Un home sufriu feridas graves nunha man tras unha explosión nun taller de coiro no barrio coruñés de Monte Alto, segundo informou a Europa Press o servizo de emerxencias 112.
Sobre as 13.56 horas, o 112 recibiu o aviso do accidente laboral rexistrado tras unha explosión nun taller de cuereo situado no número 12 da rúa Vigía, no barrio coruñés de Monte Alto.
Ao lugar, desprazáronse efectivos da Policía Local e de Urxencias Médicas do 061. Tamén se avisou aos Bombeiros da Coruña, aínda que, finalmente, non foi necesaria a súa intervención. O home sufriu feridas “bastante importantes” nunha man.











