Un home falece nun accidente frontal entre dous coches en Santiago
Un mozo faleceu este mércores en Santiago e outra persoa resultou ferida cun traumatismo cranioencefálico nun accidente de tráfico frontal entre dous coches.
Ás 20,32 horas, a central de coordinación do 061 recibiu unha alerta polo sinistro e ao lugar do incidente, segundo informa nun comunicado, enviou unha ambulancia medicalizada.
Foron atendidos dous pacientes pero uno deles, un home novo, resultou falecido no punto, mentres o outro foi trasladado a Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago cun traumatismo cranioencefálico.











