Un encontro de voluntarios municipais en Ferrol recoñecerá a súa labor desinteresada e conmemora o Día Mundial do Voluntario
A Concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol, que dirixe Rosa Martínez Beceiro, organiza un encontro de voluntarios municipais para recoñecer a súa labor desinteresada e que tamén servirá para celebrar o Día Mundial do Voluntariado, que se conmemora o día 5 de decembro. Este acto de convivencia se realizará o vindeiro xoves, día 19, a partir das 11:30 horas no terceiro andar do Hospital Xeral Juan Cardona.
Trátase dunha convivencia onde as persoas voluntarias expresen o seu facer e as súas experiencias persoais, nas diferentes accións que realizan dentro dos programas municipais de voluntariado. Así mesmo, tamén participarán outras persoas de entidades sociais que están directamente relacionadas co voluntariado. Haberá unha pequena exposición ou relatorio das intervencións realizadas en programas municipais, tales como o comedor social, acompañamento social, animación á lectura, apoio escolar, etc.











