Un curtocircuito incendia un vehículo na rúa Cronista Rodríguez Elía de Vigo
Ás 17,20 horas do día de onte, Axentes da Policía Local de Vigo trasladáronse á rúa Cronista Rodríguez Elía, onde se incendiou un vehículo. No lugar atopábase xa unha dotación de bombeiros, que sufocaron o lume nun quince minutos.O turismo sinistrado, é da marca Citroen, modelo AX, que sufriu danos no motor; e do cal se fixo cargo posteriormente o seu propietaria. O lume puido producirse por un curtocircuíto e afectou o motor.











