Un carrusel tradicional animará o Nadal na praza de Galicia aos máis cativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Esta tarde comeza a funcionar o carrusel tradicional instalado na Praza de Galicia para animar as tardes de Nadal dos máis cativos da cidade. A atracción chega da man da Concellería de Xuventude co obxectivo de que os nenos e nenas poidan gozar de xeito gratuíto dunha atracción da que de seguro tamén disfrutaron os seus pais e avós nas súas infancias. Trátase dio tío vivo máis antigo que opera en Galicia, construído a principios do século XX de xeito artesanal e que estivo presente en grandes festas e ata en películas de cine.

O carrusel que, xunto coa árbore de Nadal, preside desde esta mañá a Praza de Galicia chegou a Galicia procedente de Aragón na década dos 50 e da man da familia Hernáiz percorreu as festas de cantidade de cidades galegas e asturianas. Na construción deste tío vivo participaron artesáns mecánicos, ferreiros e carpinteiros que utilizaron para a súa construción ferramentas e materiais nobres que o converten nunha peza de gran fermosura e valor. O que máis destaca deste carrusel é a decoración e pintura, realizada por artistas da época, e a estampa dos cabalos tallados en pino soria.

Esta fermosa peza de artesanía está moi requirida na actualidade en eventos e festas de renome xa que se trata dun importante reclamo. De feito estivo en festas de Santiago el feiras como o Nadal Xogo de Compostela e mesmo se usou para ambientar películas de cine de época e para decorar o desfile de moda da pasarela Pontus Veteris

Os nenos e nenas de Vilagarcía poderán montar en Furia, Veloz, Huracán ou Satán durante unha semana. Dende hoxe e ata o vindeiro domingo os cabaliños funcionarán dende as catro e media e as oito e media da tarde.

23 de decembro de 2013 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.