Un bo Santiago Futsal non consigue gañar ante Elpozo Murcia
O Santiago Futsal non puido coa súa besta negra e perdeu 3-1 ante Elpozo Murcia nun bo partido dos santiagueses que non souberon aproveitar as súas ocasións e ante un rival que non perdoou, liderado polo ex do conxunto santiagués, Raúl Campos, autor de dous dos goles dos murcianos. Con este resultado, o Santiago Futsal termina a primeira volta en quinta posición con 22 puntos, tras haberlle superado Marfil Santa Coloma pola súa vitoria ante Burela.
O partido comezou moi igualado entre ambos os rivais, que apenas xeraron perigo sobre a portaría contraria. Os santiagueses plantáronse ben sobre a cancha murciana, ante un rival ao que lle faltaba intensidade. David Pazos tivo a primeira ocasión para os de Santi Valladares e Adri respondía sobre a portaría de Raúl. Tras varios minutos nos que o Santiago Futsal apertaba sobre a portaría defendida por Rafa e cando máis o estaban buscando, chegou o gol para os locais tras un pase de Adri que Álex marcou no segundo pau a tres minutos do descanso.
Tras o descanso chegou o segundo gol dos murcianos oba de Raúl Campos, que en menos dun minuto marcou para o seu equipo. Tras o 2-0, o Santiago Futsal non veu abaixo e esmagou sobre a portaría local. Loito e Quintela foron quen se achegaron con máis perigo ao gol para recortar distancias, mentres que Elpozo trataba de buscar a sentenza á contra. David Pazos case dá a sorpresa marcando desde o corner e Diego Quintela demostrou a súa calidade virándose e disparando ante Rafa que despexou co peito. Volveu ser cando máis o merecía o Santiago cando chegou o gol de Raúl Campos, que sentenciou a tres minutos do final cun golazo. David Pazos vestiuse de porteiro-xogador a escasos 3 minutos do final, tratando de recortar distancias. Non foi até o último minuto cando Palomeque recortou distancias cun gol de dobre penalti, pondo o definitivo 3-1.
Sala de prensa
Ao finalizar o partido, Santi Valladares, adestrador do Santiago Futsal, comentou que “realizamos un partido moi completo, pero Elpozo gañounos pola gran calidade individual dos seus xogadores. A primeira parte estivo moi equilibrada e non nos marcaron até 3 minutos do descanso. Na segunda parte fomos mellores, pero Elpozo cada vez que chega a portaría, xera unha ocasión de perigo. Co 2-0 tivemos ocasións para meternos no partido, peor co 3-0 o partido púxose moi costa arriba”.
Ficha do partido
Elpozo Murcia: Rafa, Kike, Miguelín, Raúl Campos e Bebe (cinco inicial), Álex, José Ruiz, Grello, Adri.
Santiago Futsal: Raúl, David, David Pazos, Loito e Diego Quintela (cinco inicial), Hamza, Hugo, Eloy Vermellas, Palomeque e Chus.
Goles: 1-0 Álex (min 17), 2-0 Raúl Campos (min 21), 3-0 Raúl Campos (min 37), 3-1 Palomeque (min 39)
Árbitros: Cordeiro Gallardo e Linares López do colexio andaluz
Amoestacións: Cartón amarelo para Hamza, David e Hugo do Santiago Futsal e para Adri e José Ruiz de Elpozo Murcia
Incidencias: Partido correspondente á décimo quinta xornada de liga, disputado no Palacio dos Deportes de Murcia.











